miércoles, 26 de octubre de 2022

Memoria do Vigo proletario, 50 aniversario da folga xeral de setembro de 1972

15/9/22 

O setembro vermello vigués. Do día 9 ao 26 daquel setembro de 1972 a clase obreira da cidade deixou os seus traballos, ata 25.000 traballadores, e botouse as rúas a loitar por uns dereitos que o réxime franquista negaba e non recoñecía.
Foron 15 días de manifestacións, cargas policiais, represión política e laboral, días nos que mais de 6.000 traballadores recibiron cartas de despedimento. Ao remate da folga 400 deles nunca recuperaron os seus postos de traballo.
Memoria do Vigo proletario, 50 aniversario da folga xeral de setembro de 1972, unha obra colectiva de Carlos Morais, Xavier Moreda, Isidro Román Lago e Anxo Landín, onde se analizan e esmiuzan con rigor e fervor aquelas xornadas históricas.



No hay comentarios: