GALICIACONFIDENCIAL.COM
Medio Rural aínda non resolveu o concurso para limpar este ano 19 áreas de actividade incendiaria. Desde a consellería din que teñen unha estratexia" a prol da prevención claramente definida" que se executa ao longo de todo o ano.
Xurxo Salgado | Compostela | 04/08/2022
En decembro de 2021 sacaba, por case cinco millóns de euros, a contratación as obras de tratamentos silvícolas para a prevención de incendios forestáis, cofinanciadas nun 75% coa submedida 8.3 do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2020. Trátase dun concurso para limpar en 19 zonas diferentes de distritos forestais de tres provincias galegas, Pontevedra, Ourense e A Coruña. Neste concurso non se incluíu a limpeza de ningún monte da provinca de Lugo que foi a máis afectada pola vaga de incendios de xullo
(...)
Medio Rural xustifica o concurso porque o sector forestal é "un elemento clave na economía verde de Galicia". "Un compoñente esencial para a sustentabilidade forestal é a protección dos espazos forestais fronte aqueles axentes, como son os incendios forestais, que ameazan as súas características básicas e a súa propia persistencia", apunta
+
"Os incendios forestais constitúen un dos máis importantes problemas ambientais de Galicia, polo que son puntos clave para contribuír ao desenvolvemento dos bosques a execución de obras de tratamentos silvícolas para a prevención de incendios, creando descontinuidades verticais e horizontais da cuberta vexetal, no control de la vexetación e eliminación de combustible, fundamentalmente a través de rareos, rozas e podas", engade. Con todo, parte dos traballos a realizar en montes galegos xa non terán moito sentido facelos agora porque algúns xa arderon nas sucesivas vagas de incendios que están a afectar ao país (...)
MÁS EN Incendios Galicia. Resultado dunha nefasta xestión forestal. Pobos asediados por eucalipto e pino. Publicado el 8/8/22
No hay comentarios:
Publicar un comentario