sábado, 6 de agosto de 2022

BNG propón un plan urxente de recuperación de cultivos ante a crise de prezos e a carestía dos cereais para o agro

 29/6/22   BNG.GAL

Rivas denuncia que só o 4% da superficie agraria está adicada a producir alimentos o que obriga a Galiza a importar alimentos por valor de 4.000 M€

Critica que o Goberno do PP non teñan un plan para afrontar situación de escaseza de insumos e de no mover un dedo ante a forestación ilegal

(...) Hoxe Galiza apenas conta cun 4% de superficie agraria con cultivo para a alimentación, fronte ao 26% da media estatal, perdendo soberanía alimentaria nun momento en que os prezos están disparados, tanto na cesta da compra como en todo tipo de materias primas para uso agrogandeiro, moi en particular os cereais cos que se alimenta o gando.

“Inmersos nunha situación de dependencia alimentaria, de altos prezos e de escaseza de insumos, temos un superficie en cultivo irrisoria e sometidos á brutalidade do mercado, extorsionados polas multinacionais e polos lobbies”, denuncio Rivas no debate da interpelación ao conselleiro de Medio Rural, que reclamou en nome do BNG unha recuperación urxente de terras abandonadas ou ilegalmente forestadas para destinar a cultivos.

Nun contexto de carestía total, de subida desorbitada do prezo dos alimentos e dos insumos, Rivas preguntoulle ao conselleiro de Medio Rural polo plan específico da Xunta para facer fronte a esta situación: “onde está o seu  plan de emerxencia de recuperación de cultivos”. Para constatar que, pese a escalada inflacionista, o Goberno do PP non conta con ningún plan de actuación para atallar un problema de carestía e de escaseza de terras agrarias destinadas a producir alimentos tanto  para consumo humana como  animal.

O BNG, explicou, aposta por recuperar hectáreas abandonadas ou ilegalmente forestadas para cultivo de alimentos, “fannos falta coma país, coma poboación, coma pobo, para producir elementos esenciais para  a nosa alimentación”, argumentou Rivas, cultivo de froita de todo tipo, de hortalizas e leguminosas, de verduras, de patacas, etc. E por suposto, tamén forraxes e cereais en grao que son imprescindibles para a alimentación animal (...)

No hay comentarios: